jueves, mayo 11, 2006

LOS EDUKADORES

Pensamos que este filme está moi ben no que ao contido e á historia se refire. É unha denuncia contra o capitalismo global. É coma un documental, xa que conta o que no mundo sucede ao haber tantos desaxustes sociais, tanta inxustiza social. Moi realista.

INTRODUCION DO POEMA

Fixemos un poema para defender unha causa, o galego, pola cal loitaron moitas persoas antes ca nós e non imos deixar que se perda. Con este poema pretendemos influír para que máis persoas falen a nosa lingua en Galiza.

O TUNING E OS COCHES



O tuning é todo o que respecta á preparación dun coche. Nesta preparación tes que contar con dúas cousas que podes poñer: a túa imaxinación e o diñeiro do que dispós.
Hai preparacións de todo tipo, ata onde a nosa imaxinación poida chegar.
O tuning para moitas persoas xa é un estilo de vida. Aínda que haxa poucos anos que chegou ao noso país foi acollido con gran agrado entre todo tipo de persoas, ben sexan xoves ou de mediana idade .
Unha preparación adoita andar sobre os 15000 euros, porque non nos conformamos só cunha preparación exterior, queremos que o noso coche teña máis potencia e tamén lle damos un retoque de motor e, despois, para que o coche sexa seguro hai que retocar chasis, suspensións e, como non, unhas lamias máis grandes e ben vistosas.
Logo tócalle a quenda ao interior: asentos, un tapizado novo e un bo equipo de música, para amenizar as idas ás concentracións tuning onde estes coches compiten por ser os mellores equipados , onde estas verdadeiras máquinas do asfalto se baterán con outras da súa categoría. Isto é todo o que se pode dicir do tuning, así que animádevos e ide a próxima concentración que haxa cerca do voso pobo para ver estes coches.

martes, enero 31, 2006

Carlos Nuñez

Un dos mellores gaiteiros de Galiza, Carlos Nuñez. Aquí o podedes ver con máis detalle e os seus discos e os seus próximos concertos xunto, cos seus arquivos e a súa discografía. Este gaiteiro actuou nos seus múltiples concertos con moitos cantantes estrelas como por exemplo Luz Casal.

E.T.A.

Eta colga en internet o alto ao fogo. Faino despois de sete anos, cando en 1988 fixera un alto ao fogo pero non permanente, como este último, senón que o fixera indefinido.
O presidente do goberno, Zapatero, intenta calmar a situación e pide prudencia. É apoiado por outros partidos políticos, pero do outro bando o máximo representante do PP, Rajoi, non toma en serio este comunicado.

jueves, enero 19, 2006

A Paz

Dise de paz cando nunha situación ou relación mutua de quenes non están en guerra. isto conséguese cando unha persoa ou un grupo de persoas están psicoloxicamente nun estado de tranquilidade e sosiego. Outra maneira de conseguir a paz e coa reconcilación.
Actualmente hai moitas guerras sobre todo entre Estados Unidos e Iraq. Pero hai guerras de outros estilos como poden ser as guerras entre bandas; estas guerras de bandas son frecuentes en Madrid. As bandas máis violentas son os Ñetas e os Latin Kings.
Pero tamén hai outro tipo de escenas bandalismas como son os abusos nas escolas, que se acosan sobre todo aos máis débiles e aos que teñen algunha deficiencia ou, simplemente, son diferentes.

RAP DO GALEGO

O galego é unha lingua
que non se perderá
os rapaces de Galiza
ímolo intentar

Agora tócanos a nós
con este rap
da historia do galego
imos falar.

Para empezar
toda-las linguas son iguais
ningunha é superior
ningunha é inferior.

O galego procede
de linguas diferentes
o indeuropeo
foi o primeiro
dalgunha linguas
só temos palabras,
recibimos dos celtas
o nome de galiza,
e outras
tamen dos romanos
e dos vandalos
dos xermánicos
e dos árabes.

Comezáronse a escribir
a poesía e a prosa,
o primeiro o galego
era monolingüe
pero comezaron
os séculos escuros
que prohibiron
o galego.

Logo comezou
o rexurdimento
coa axuda de escritores
crearonse academias
e organizacións
pero o galego
un novo pau levou
a guerra civil estalou.

Agora o galego
gañou a constitución
e tamén o estatuto de autonomía.

Pero a xente
só pensa
que para ser "guai"
fálase o castelán

martes, diciembre 20, 2005

Febre do móvil

Todos estamos un pouco, aínda que algúns bastante, obsesionados co móbil. Hai rapaces que lle mangan cartos aos seus pais para recargar o móbil. O outro día vín un programa de pederastas onde dicían que lle ofrecían ás rapazas menores de idade 120 € ou máis a cambio dunhas fotos donde aparecesen espidas.
Os xoves,incluso nos exames de lingua usan moitas veces abreviaturas que se usan no móbil.E agora xa non se fan chuletas nun papel senón que se utiliza o móbil para facer as chuletas ou para chamar a un compañeiro para que lle chiven as preguntas do exame.

risa



Estes coches asistiron ao VIII Certame de Tunning de Cataluña, alí estiveron as mellores preparacións de Europa. Asistiron coches de España, pero a maioría foron coches preparados do mesmo taller que o presentan, como Z Tunning, Cruz Tunning... e personaxes, xa coñecidos, como Amalio que presentou un Hunday Coupe e tamén un Golf Lupo. Este certame foi todo un éxito. Aparte de carrocerías preparadas tamén houbo competicións de son e carreiras entre os participantes.

viernes, diciembre 16, 2005

Saludo de doble V





Benvidos ao noso blog. Doble V (Vilas e Villa) saúdavos. Espero que pasedes unhas boas vacacións sen escola e que en fin de ano pilledes unha boa borrachera para recibir o ano en bo estado e contentos. Porque xa sabes o dito "Ano novo, vida nova" e "Borrachera nova, moz@ nov@".