jueves, mayo 11, 2006

O TUNING E OS COCHES



O tuning é todo o que respecta á preparación dun coche. Nesta preparación tes que contar con dúas cousas que podes poñer: a túa imaxinación e o diñeiro do que dispós.
Hai preparacións de todo tipo, ata onde a nosa imaxinación poida chegar.
O tuning para moitas persoas xa é un estilo de vida. Aínda que haxa poucos anos que chegou ao noso país foi acollido con gran agrado entre todo tipo de persoas, ben sexan xoves ou de mediana idade .
Unha preparación adoita andar sobre os 15000 euros, porque non nos conformamos só cunha preparación exterior, queremos que o noso coche teña máis potencia e tamén lle damos un retoque de motor e, despois, para que o coche sexa seguro hai que retocar chasis, suspensións e, como non, unhas lamias máis grandes e ben vistosas.
Logo tócalle a quenda ao interior: asentos, un tapizado novo e un bo equipo de música, para amenizar as idas ás concentracións tuning onde estes coches compiten por ser os mellores equipados , onde estas verdadeiras máquinas do asfalto se baterán con outras da súa categoría. Isto é todo o que se pode dicir do tuning, así que animádevos e ide a próxima concentración que haxa cerca do voso pobo para ver estes coches.

3 Comentarios:

Blogger aldaia dixo...

MOI BOA LECCIÓN DO TUNNING!!!!
NORABOA RAPACES!!

6:45 PM  
Blogger licerlecia dixo...

ola!!
Gústanme moito os coches tunning pero se tivera un coche está claro que non o tunearía porque aínda que me gusten os coches tuneados sei que non está ben tunealos, AFECTA AO MEDIO AMBIENTE.
Laura 11 anos.
Está claro que saberedes que non teño coche, son menor de idade!!!!
ja ja ja

3:33 PM  
Blogger pintandocoasletras dixo...

Son Laura e este é o enderezo da miña bitácora: http://pintando-coas-letras.blogspot.com/
Tamén podedes buscar co nome de Pintando coas letras.

5:16 PM  

Publicar un comentario en la entrada

<< Inicio